DA PRAIA DO CURRO ATA AS GRELAS

Paseos
678

Localización

Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 50.7" N - 8º 55' 09.1" W

O Paseo

Da praia do Curro ata as Grelas
O Anllóns, devagar cara ao Atlántico

Un paseo de case 4 km para descubrir a foz do río Anllóns que forma a fermosa ría de Ponteceso. Dende a praia do Curro, unha senda pavimentada, sen apenas elevacións e perfectamente ciclable lévanos pola beira sur do río ofrecéndonos unha marabillosa visión da barra de area que protexe esta zona facilitando un refuxio faunístico, principalmente para as aves, con especies vulnerables ou en perigo de extinción como a píllara das dunas. De feito, no noso percorrido atopamos un observatorio ornitolóxico dedicado ao naturalista José Luis Rabuñal Patiño.

A continuación chegamos á Carballa, onde se atopa a capitalidade do concello, nun entorno máis urbano, onde tamén atopamos o pequeno areal de Navaliños.

A ruta remata na chamada Praza de Cánduas, no lugar das Grelas, onde se atopa un espazo-miradoiro pouco antes de chegar a ela, dende onde podemos albiscar unha fermosa panorámica da foz do río Anllóns e no fondo a estampa do monte Branco dominando a paisaxe.

Características

Lonxitude: 3,6 km (só ida)
Punto de Inicio:
Praia do Curro (43°13'50.94"N / 8°55'9.25"O)
Punto de Fin:
As Grelas (43°12'56.28"N / 8°56'50.93"O)

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba