DA PONTE DE COMBOA ATA A PONTE COLGANTE SOBRE A POZA DAS BESTAS

Paseos
861
No Camiño de Santiago

Localización

Soutomaior - Pontevedra

Coordenadas:
42º 20' 36.5" N - 8º 34' 09.1" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

O Paseo

Da ponte de Comboa ata a ponte colgante sobre a poza das Bestas 
Entrepontes

Este paseo ten o seu inicio na ponte medieval de Comboa, formada por tres arcos dos que os laterais manteñen o medio punto mentres que o central é lixeiramente apuntado, e que data dos séculos XIII-XIV. Dende aquí percorreremos un sendeiro curto e de baixa dificultade que discorre, principalmente, entre árbores autóctonas de ribeira seguindo o río Verdugo. Aínda que todo o paseo é moi agradable, a verdadeira sorpresa prodúcese ao chegar á ponte colgante, baixo a que podemos ver unha profunda poza coñecida como a poza das Bestas e unha pequena praia fluvial que a converten nunha interesante paraxe.

A partir de aí seguiremos camiñando uns metros, agora á beira do río Oitavén, ata chegar a un antigo muíño para volver despois sobre os nosos pasos e facer o camiño de volta.

Características

Lonxitude: 1,7 km (só ida)
Punto de Inicio:
Ponte medieval de Comboa 42°20'36.57"N / 8°34'9.16"W
Punto de Fin:
Antigo muíño despois da praia fluvial 42°20'44.38"N / 8°33'32.64"W

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto
Treitos inundables en época de choivas

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba