DA PRAIA DE ALBA Á PRAIA DE BARRAÑÁN

Paseos
936

Localización

Arteixo - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 45.8" N - 8º 30' 15.2" W

O Paseo

Da praia de Alba á praia de Barrañán
A carón de praias e cantís

Trátase dunha das chamadas sendas azuis que hai en Galicia, e permite percorrer doadamente, a pé ou en bicicleta, boa parte do litoral do concello de Arteixo unindo entre si varios areais distinguidos con bandeira azul como Alba-Sabón, Repibelo, Combouzas ou Barrañán.

Da praia de Alba e Sabón, ao pé do porto exterior de punta Langosteira ata a praia con cordón dunar de Barrañán hai case que 6 km. Dispón de treitos amplos con zonas separadas para peóns e ciclistas, áreas de descanso e paneis interpretativos sobre o litoral, fauna e flora. Noutras o camiño estréitase pero está perfectamente acondicionado.

Ao longo da ruta iremos descubrindo outros areais menos coñecidos como Area da Salsa, Repibelo, Herbosa ou Area Grande (Valcobo), antes de chegar a Combouzas (nudista). Dende aquí temos unha boa vista do extenso areal de Barrañán, final do noso percorrido. Hai servizos turísticos en Valcobo e en Barrañán.

Características

Lonxitude: 5,76 km (só ida)
Punto de Inicio:
Praia de Alba (43°19'45.55"N / 8°30'15.60"O)
Punto de Fin:
Praia de Barrañán (43°18'32.58"N / 8°33'4.53"O)

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!