DE SANTA CRUZ A SANTA CRISTINA

Paseos
1168

Localización

Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 52.5" N - 8º 20' 50.6" W

O Paseo

De Santa Cruz a Santa Cristina
Miradoiro da ría do Burgo

Trátase dun percorrido de litoral nunha zona densamente urbanizada, pero que aínda nos ofrece recunchos naturais así como boas vistas da ría coruñesa. Comezamos no porto de Santa Cruz, fronte ao seu castelo, para seguir polo paseo e subir unhas escaleiras ata ao parque das Galeras, que conta cun itinerario deportivo. Temos vistas da enseada de Santa Cruz, da costa ata o faro de Mera e diante nosa a cidade da Coruña.

A senda lévanos sobre os cantís que se abren cara á praia Pequena de Bastiagueiro, e pola rúa dos Fieitos chegaremos á praia Grande de Bastiagueiro. Decontado, seguindo a rúa dos Mioporos subimos á Avda. Che Guevara, co seu monumento nunha rotonda e asomámonos ao miradoiro Nirvana, que nos ofrece vistas do Golfo Ártabro, vislumbrando a bocana da ría de Ferrol co seu porto exterior. Baixando pola rúa do Polvorín atoparemos deseguido o paseo marítimo de Santa Cristina onde remataremos esta ruta.

Características

Lonxitude: 4,38 km (só ida)
Punto de Inicio:
Santa Cruz (43°20'56''N / 8°20'48''O)
Punto de Fin:
Santa Cristina (43°20'22.84"N / 8°22'53"O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!