FERVENZA DO ESCOURIDAL

Paseos
1806

Localización

Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 29' 00.2" N - 7º 28' 57.6" W

O Paseo

Fervenza do Escouridal
Choiva do río Ouro

Esta ruta situada na serra do Xistral vainos permitir contemplar un sobranceiro espectáculo natural. 

Entre tobogáns, saltos e viravoltas o río Guilfonso debrúzase contra a rocha granítica dende un precipicio de 80 m, separando os concellos de Alfoz e O Valadouro. O acceso faise baixando por unas escaleiras con varandas que facilitan un descenso seguro. Pero se queremos apreciala en todo o seu esplendor, atopamos unha pequena corda que nos axudará a ascender sobre as rochas para acercarnos aínda máis aos pés da mesma.

Características

Lonxitude: 2,2 km (só ida)
Punto de Inicio:
Punto sinalizado de inicio da ruta 43°28'59.69"N / 7°28'57.66"W
Punto de Fin:
Fervenza do Escouridal 43°28'41.25"N / 7°29'51.13"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba