A CARÓN DO RÍO GRANDE DE XUBIA

Paseos
1157

Localización

San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 56.8" N - 8º 04' 47.5" W

O Paseo

A carón do río Grande de Xubia
Interpretando a paisaxe e a natureza

Ao pé da estrada AC-862 vindo de Neda e Ferrol, no lugar de Cornide antes do cruzar a ponte sobre o río Grande de Xubia podemos deixar o coche e seguir as indicacións do paseo fluvial. Sempre ao seu carón, poderemos observar as pequenas fervenzas que forma o seu curso nunha presa, ou gozar da masa arbórea que cambia de cores no outono e o devalar das súas augas. De seguido atoparemos un arboreto con paneis explicativos de diferentes especies que podemos atopar nos nosos bosques ou unha curiosa horta de árbores froiteiras. O camiño tamén se ve salpicado de esculturas de sorprendentes figuras, e mesmo unha antiga ninfa dos ríos.

Antes de voltar, podemos deternos nunha área recreativa que conta cun parque infantil. O regreso pódese facer da outra banda do río, que nos levará por unha pasarela de madeira entre castiñeiros e amieiros. Este percorrido e a súa contorna forma parte dunha Área de Especial Interese Paisaxístico, incluida no Catálogo galego das Paisaxes, formando parte ademais dunha Zona de Especial Conservación da Rede Europea Natura 2000. Para rematar a visita a este espazo podémonos achegar ata unha edificación coñecida como o Pazo da Marquesa e visitar os seus xardíns onde sobrancean varios exemplares de palmeiras.

Características

Lonxitude: 2,51 km (circular)
Punto de Inicio:
Estrada AC-862 pk 16.400 (43°31'56.88''N / 8°04'46.99''O)
Punto de Fin: Estrada AC-862 pk 16.400 (43°31'56.88''N / 8°04'46.99''O)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!