FERVENZA DO RÍO TOXA

Paseos
1268
No Camiño de Santiago

Localización

Silleda - Pontevedra

Coordenadas:
42º 45' 23.5" N - 8º 16' 37.0" W

Camiños de Santiago

Vía da Prata

O Paseo

Fervenza do río Toxa 
A máis fermosa

Aínda que esta ruta nos levará ao pé mesmo da fervenza, é recomendable desviarse uns metros para visitar primeiro os miradoiros do Toxa que, construidos sobre enormes rochas, son un lugar de excepción dende o que contemplar o salto de auga e a confluencia dos ríos Toxa e Deza

Despois de desfrutar das vistas, encamiñaremos os nosos pasos cara ao corazón do cadoiro descendendo entre castiñeiros, carballos, sobreiras ou loureiros na parte media alta do camiño e, xa nas ribeiras do río, entre salgueiros, amieiros ou freixos. 

Unha vez chegamos ao noso destino, entre un sobrecolledor estrondo e unha intensa brétema, consecuencia ambas as dúas da forza da auga, admiramos sobre as nosas cabezas esta ruxidoira que, cos seus 30 m de caída vertical, é unha das máis altas de Galicia. Unha área de descanso neste mesmo lugar, con mesas e bancos de pedra, invítanos a facer un pequeno descanso para coller forzas antes de iniciar o camiño de volta.

Características

Lonxitude: 1,9 km (só ida)
Punto de Inicio:
Aparcadoiro de recepción de visitantes 42°45'23.50"N / 8°16'37.03"W
Punto de Fin:
Fervenza do río Toxa 42°45'26.12"N / 8°16'21.83"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Treitos de pendente forte
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!