FERVENZA DE AUGACAÍDA

Paseos
1600
No Camiño de Santiago

Localización

Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 05.3" N - 7º 42' 11.6" W

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

O Paseo

Fervenza de Augacaída
Nos cavorcos da Ribeira Sacra

O noso camiño comeza baixando por unha pista de terra, rodeada por unha fraga de castiñeiros e carballos, pola que chegamos ata unha edificación abandonada que pertenceu a unha antiga adega.

Un pouco máis adiante atopamos o indicador cara á fervenza e comezamos a baixar por unha estreita senda que enlazará cun treito de acusado desnivel que se salva cunha portentosa escaleira que parece engulirnos nas profundidades da terra. 

Unha vez na fervenza, cunha caída duns 40 m, poderemos asomarnos a un miradoiro dende o que poder contemplala en todo o seu esplendor. Dende aquí volveremos polo mesmo camiño de novo ata o punto de partida.

Características

Lonxitude: 2,3 km (só ida)
Punto de Inicio:
Nas inmediacións da Torre do Reloxo 42°31'5.36"N / 7°42'11.66"W
Punto de Fin:
Miradoiro sobre a fervenza de Augacaída 42°31'2.08"N / 7°42'45.75"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Treitos de pendente forte
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba