FERVENZA DE VIEIROS

Paseos
952
No Camiño de Santiago

Localización

Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 34' 26.4" N - 7º 05' 36.7" W

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

O Paseo

Fervenza de Vieiros 
Tesouro agochado

No corazón mesmo da serra do Courel, na que os profundos vales de espesa vexetación alternan con bosques dos que emerxen elevados cumios, atópase a aldea da Seara, punto de partida desta ruta. Situada a 1.000 m de altitude, trátase dun conxunto singular que conserva practicamente intactas a estrutura e arquitectura típicas destas zonas de montaña, con casas de esquinas redondeadas, tellados de lousa e balcóns de madeira, que a converten nun lugar que paga a pena visitar. 

Dende aí descenderemos ata o río Selmo e camiñaremos pola marxe dereita entre bidueiros, castiñeiros e carballos para chegar ata a unha zona na que o camiño se estreita e onde o son da auga colle forza, como preludio do que poderemos contemplar un metros máis adiante. 

No treito final axudarémonos dunhas cordas que hai atadas ás árbores para descender unha pronunciada pendente que nos levará directamente ao pé desta impresionante fervenza de 25 m de alto. Pero se queremos vela de cerca, unha ponte de madeira permitiranos cruzar á outra beira e aproximarnos máis.

Características

Lonxitude: 2 km (só ida)
Punto de Inicio:
A Seara 42°34'26.40"N / 7°5'36.75"W
Punto de Fin:
Fervenza de Vieiros 42°34'15.03"N / 7°4'32.10"W

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto
Treitos de pendente forte
Treitos inundables en época de choivas
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba