NA CONTORNA DA HISTÓRICA FACTORÍA SARGADELOS

Paseos
682

Localización

Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 35.9" N - 7º 24' 21.7" W

O Paseo

Na contorna da histórica factoría Sargadelos 
Paseo dos namorados

Esta pequena ruta comeza no antigo complexo industrial de Sargadelos. Creado entre 1791 e 1806 por Antonio Raimundo Ibáñez, estaba formado por unha factoría de fundición de ferro e por unha fábrica de louza que cesaría a súa actividade no ano 1875. 

Declarado Conxunto Histórico-Artístico no ano 1972, conserva os restos da antiga fundición, de catro fornos e da Casa da Administración hoxe convertida no Museo Histórico de Sargadelos

Na actualidade, a 1 km deste conxunto, segue a funcionar a fábrica fundada en 1970 que, aínda hoxe, é o maior expoñente da cerámica galega. O noso paseo discorre por unha senda chaira que, aínda que moi curta, ten un enorme encanto. Camiñaremos en paralelo ao río Xunco ata unha pequena fervenza artificial que baixa sobre o muro da presa do río, e que foi construída en 1971 para abastecer de auga ás fábricas. 

Contan os falares populares que este camiño ten virtudes namoradizas e que as persoas que o percorran xuntas sentiranse poderosamente atraídas entre si e caerán irremediablemente nese luminoso estado emocional cando rematen este paseo.

Características

Lonxitude: 1 km
Punto de Inicio:
Antiga factoría de Sargadelos 43°39'35.96"N / 7°24'21.70"W

Tipo

Patrimonio oculto
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba