PASEO DO RÍO RATO

Paseos
3171
No Camiño de Santiago

Localización

Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 43.5" N - 7º 32' 47.1" W

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

O Paseo

Paseo do río Rato
Reserva da Biosfera Terras do Miño

Este paseo parte da ponte da Chanca e levaranos a carón do río Rato entre zonas de campo aberto, hortas e bosque autóctono, con carballos, freixos ou álamos. 

Toda a zona foi recentemente recuperada e construiuse un carril bici que discorre en paralelo á senda peonil. Durante o traxecto atoparemos bancos, pontes, fontes e incluso pequenas fervenzas, e poderemos observar ras, patos, garzas reais ou mirlos acuáticos. Atoparemos tamén o Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, ubicado nunha casa-muíño do século XIX coñecido como o muíño do Tendeiro. Nel poderemos visitar unha exposición audiovisual sobre a etnografía, historia, paisaxe e cultura da auga, e tamén informarnos sobre as numerosas actividades relacionadas coa natureza que se poden realizar na contorna. 

O río Rato conflúe co río Miño nas proximidades desta ruta, o que nos permite prolongala e camiñar varios quilómetros máis á beira do río máis longo e coñecido de Galicia.

Características

Lonxitude: 3,4 km (só ida)
Punto de Inicio:
Ponte da Chanca 43°0'29.23"N / 7°32'49.24"W
Punto de Fin:
P.k. 498 da N-VI 42°59'27.51"N / 7°32'15.12"W

Tipo

Paseos urbanos
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba