SENDA FLUVIAL DO RÍO LÉREZ

Paseos
3356
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 02.1" N - 8º 38' 10.2" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

O Paseo

Senda fluvial do río Lérez 
Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa

Esta senda parte dende a ponte peonil sobre o río Lérez, na contorna do campus universitario e, tratándose dunha senda circular, podemos optar por comezar pola marxe dereita ou esquerda do río seguindo sempre un camiño chairo que transcorre pegado á beira. 

Se nos decidimos pola primeira opción pasaremos pola praia fluvial e atoparemos tamén unha zona de merendeiro, para ascender lixeiramente despois e chegar ata o antigo Balneario do Lérez. Este complexo foi construído en 1906 por Casimiro Gómez, emigrante retornado de Arxentina que fixo deste lugar un gran centro cultural e de referencia termal onde se reunían xentes chegadas de diversos puntos da Península, e que hoxe aínda conserva parte do edificio principal coa fonte de augas medicinais no interior. 

Dende aí atravesamos a ponte metálica cara a outra beira e emprendemos o camiño de volta por un sendeiro de terra que por momentos se vai estreitando, con subidas e baixadas fortes, o que representa unha dificultade técnica para os percorridos en bicicleta. 

Logo de aproximadamente 1 km volvemos transitar por un camiño chairo e ben acondicionado que nos levará ata o punto de partida e que nos permite atender menos ao lugar onde pisamos e máis ás boas vistas desta magnífica paraxe fluvial.

Características

Lonxitude: 6 km
Punto de Inicio:
Ponte peonil sobre o río Lérez 42°26'2.13"N / 8°38'10.20"W
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Paseos urbanos
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba