SENDEIRO DE PEDRAS NEGRAS

Paseos
5913
No Camiño de Santiago

Localización

O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 27' 24.2" N - 8º 55' 13.2" W

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

O Paseo

Sendeiro de Pedras Negras 
Balcón do Atlántico

Localizado en San Vicente do Mar, na península do Grove, este paseo sae do porto deportivo e discorre, case na súa totalidade, sobre pasarelas de madeira á beira do mar que se van adaptando á orografía do terreo, balizadas por grandes pedras esculpidas pola erosión. 

Pasaremos xunto ás praias de Pedras Negras, praia Farruco e praia da Barrosa, e por numerosas calas onde viven e aniñan algunhas aves mariñas como gaivotas, corvos mariños, píllaras papudas ou mascatos, convertendo tamén a zona nun interesante destino para os afeccionados á ornitoloxía. 

Ao longo do mesmo podemos atopar algúns bancos que nos permiten parar e desfrutar con calma das vistas, presididas polas Illas Ons, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

O paseo remata na praia de Canelas, xunto a un valo metálico que protexe unha antiga instalación militar.

Características

Lonxitude: 3,2 km (só ida)
Punto de Inicio:
Porto deportivo 42º27'24.23"N / 8º55'13.24"W
Punto de Fin:
Praia de Canelas 42º27'18.00"N / 8º55'57.14"W

Accesibilidade a ter en conta

Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!