FERVENZAS DE RAXOI

Paseos
3873
No Camiño de Santiago

Localización

Valga - Pontevedra

Coordenadas:
42º 41' 06.1" N - 8º 37' 35.2" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

O Paseo

Fervenzas de Raxoi
Sinfonía fluvial

Comezamos o noso paseo descendendo por un sendeiro, rodeado por un frondoso bosque, que nos levará ata o nivel do río onde atoparemos o primeiro dos muíños restaurados. É aí onde comeza a pasarela de madeira que nos permitirá percorrer comodamente esta preciosa paraxe fluvial, bordeando o río Valga.

Despois de camiñar uns metros xa podemos ver a primeira e principal fervenza que cae formando unha poza na que, se o tempo acompaña, poderemos aproveitar para darnos un baño. Xunto a ela atopamos unhas escaleiras de madeira que nos levarán ata un segundo muíño e ata a segunda das fervenzas, onde poderemos desfrutar dese pequeno salto de auga antes de emprender o camiño de volta.

Características

Lonxitude: 700 m (só ida)
Punto de Inicio:
Nas proximidades do lugar de Raxoi 42°41'06.1"N / 8°37'35.3"W
Punto de Fin:
Segunda fervenza 42°40'56.7"N / 8°37'28.0"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Treitos de pendente forte
Treitos inundables en época de choivas
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!