FERVENZA DE CALLOBRE

Paseos
1104
No Camiño de Santiago

Localización

A Estrada - Pontevedra

Coordenadas:
42º 41' 31.7" N - 8º 25' 45.4" W

Camiños de Santiago

Vía da Prata

O Paseo

Fervenza de Callobre
O pozo dos Mouros


Comezamos a ruta nas proximidades do castro de Callobre, antigo poboado castrexo da Idade de Ferro rodeado por una gran cantidade de carballos e situado a 250 m de altitude.

Temos dúas opcións, dependendo de se queremos ir á parte alta da fervenza ou ao pé da mesma. Se nos decidimos pola primeira alternativa, descendemos pola senda da esquerda levando o río Curantes á dereita. Camiñaremos entre carballos e piñeiros, e atoparemos dous muíños e varias pasarelas de madeira que nos facilitarán o percorrido ata o miradoiro que nos permitirá desfrutar dende arriba deste salto de auga de 9 m de altura.

Pero se no cruce de camiños escollemos o sendeiro da dereita, descenderemos ata atopar un desvío a man esquerda, onde unha pequena canle nos indicará por onde seguir. Ao chegar a un antigo muíño, un tronco nos facilitará o paso á outra beira para ascender río arriba ata chegar ao pé da ruxidoira. Aquí está tamén o coñecido como pozo dos Mouros. Os mouros son seres da mitoloxía popular galega que vivían en túneles ou agachadoiros baixo a terra e que se asocian a lugares misteriosos. Aquí, a cavidade que formou a erosión da auga adquire características máxicas, afirmándose que a súa profundidade é descoñecida e que os intentos de atopar o fondo usando pedras atadas con cordas nunca conseguiron o seu propósito.

Características

Lonxitude: 1,5 km (só ida)
Punto de Inicio:
Proximidades do castro de Callobre 42°41'31.72"N / 8°25'45.46"W
Punto de Fin:
Fervenza de Callobre 42°41'26.41"N / 8°25'54.35"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Treitos inundables en época de choivas
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!