DA PONTENOVA Á CAPELA DO SANTO

Paseos
587

Localización

Cartelle - Ourense

Coordenadas:
42º 12' 47.1" N - 8º 02' 42.3" W

O Paseo

Da Pontenova á capela do Santo
Ruta do Outeiro do Santo

O noso paseo comeza na área recreativa e praia fluvial da Pontenova á beira do río Arnoia, que imos seguir o seu curso no seu devalar cara o Miño, ás veces tranquilo e repousado e outras formando pequenas fervenzas. Atravesando unha zona boscosa de ribeira formada por amieiros entre outras árbores como carballos e castiñeiros achegarémonos ata a capela de San Bartolomeu, agochada entre a fraga, nun outeiro sobranceiro nun meandro do río Arnoia, que conta con outra zona de lecer.

Características

Lonxitude: 1,71 km (só ida)
Punto de Inicio: Área recreativa (42°12'46.99''N / 8°02'41.97''O)
Punto de Fin:
Capela do Santo (42°12'40.83''N / 8°03'27.39''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Ao carón do río
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba