FERVENZA DO BELELLE

Paseos
1399
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Fene | Neda

Coordenadas:
43º 29' 35.2" N - 8º 07' 25.1" W

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

O Paseo

Fervenza do Belelle
O bruar da natureza

Ruta compartida por Neda e Fene, xa que empezaremos no aparcadoiro situado a carón do pazo chamado de Isabel II, antiga fábrica de tecidos. O primeiro treito é unha pista asfaltada que pasa xunto ao muíño da Barcia, no Parque Micolóxico do río Belelle e de seguido chegaremos a unha minicentral eléctrica.

Aquí atravesamos o río Belelle onde uns paneis nos informan das distintas opcións a percorrer. Unha delas e seguir o camiño que nos levará ata o pé da fervenza, de máis de 40 m de altura. Cómpre facer atención, sobre todo en períodos de choiva, xa que o terreo pode ser esvaradío. Outra posibilidade é seguir o carreiro, que ten unha certa pendente, e achegarnos a un miradoiro de madeira. A terceira opción sería subir ata o miradoiro de Viladonelle, por unhas escaleiras e un camiño que temos sinalizado na central hidroeléctrica, á mán esquerda, xusto antes de cruzar o río.

Características

Lonxitude: 1,58 km (só ida)
Punto de Inicio:
Pazo de Isabel II (43°29'35.11''N / 8°07'25''O)
Punto de Fin:
Fervenza do Belelle (43°28'55.94''N / 8°07'17.36''O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba