FERVENZA DA CIDADELLA

Paseos
1643
No Camiño de Santiago

Localización

Vilardevós - Ourense

Coordenadas:
41º 53' 07.0" N - 7º 13' 01.1" W

Camiños de Santiago

Vía da Prata

O Paseo

Fervenza da Cidadella
En terras de fronteira

Ao pasar a aldea de Soutochao atoparemos sinalizado o desvío cara á fervenza da Cidadella. Deixaremos o noso vehículo no inicio da ruta de sendeirismo, xunto a un cartel de madeira. Baixaremos unha escaleira onde atoparemos unha pequena área recreativa e dous muíños rehabilitados por unha escola obradoiro.

O sendeiro a seguir non ten perda, e está ben acondicionado, con postes con cordas nos treitos que poidan ser máis esvaradíos, sobre todo en épocas de chuvias. As mellores estacións para gozar das fervenzas serán o outono e a primavera, no verán a calor pode ser abafante, a pesar de que boa parte da ruta discorre por un bosque mixto de ribeira, con carballos ou érbedos entre outras especies. Saíndo da zona boscosa aparece de súpeto a primeira fervenza que salvamos por unha ponte de madeira, tendo diante nosa unhas vistas amplas desta zona raiana. O sendeiro permítenos salvar o desnivel e chegarmos ao pé mesmo da fervenza da Cidadella duns 30 m de altura. Se o nivel do río o permite, podemos continuar pola parte baixa da fervenza e cruzar o río por unha ponte e de seguido ascender por unha escaleira con chanzos de pedra ata a área recreativa que serve de miradoiro da caída de auga, na que atoparemos a reconstrucción dunha cabana de pedra.

O regreso podemos facelo polo sendeiro que hai por debaixo da estrada ata enlazar co camiño que fixemos na ida.

Características

Lonxitude: 2,63 km (circular)
Punto de Inicio:
Área recreativa (41°53'07.33"N / 7°13'01.16"O)
Punto de Fin: Área recreativa (41°53'07.33"N / 7°13'01.16"O)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!