A FRAGA DO MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL

Paseos
894

Localización

Parroquia: Santo Estevo de Ribas de Sil (Santo Estevo)

Lugar: Santo Estevo de Ribas de Sil

Nogueira de Ramuín - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 01.5" N - 7º 41' 11.6" W

O Paseo

A fraga do mosteiro Santo Estevo de Ribas de Sil
Percorrendo bosques sagrados

Desta volta o noso paseo comeza nun marco espectacular, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no corazón da Ribeira Sacra, formando un dos conxuntos máis destacados e espectaculares do rico patrimonio monumental de Galicia.

Axiña imos adentrarnos nun souto seguindo as vereas utilizadas polos monxes e veciños durante séculos. Un bosque caducifolio que cumprirá percorrer en diferentes épocas do ano e gozar das cores douradas do outono, a desnudez do inverno ou a explosión de tonalidades verdes na primavera. Pequenas fervenzas e regatos salpican o noso devalar. As árbores deixarannos ocos nos que albiscar a maxestuosidade do canón do río Sil. Canón que poderemos observar mellor dende o remate da ruta na aldea de Paradela, onde teremos unha visión do treito percorrido coa imaxe do mosteiro, impoñente na paisaxe.

Características

Lonxitude: 1 km (só ida)
Punto de Inicio:
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (42°25'01.40''N / 7°41'11.70''O)
Punto de Fin:
Paradela (42°25'10.30''N / 7°41'53.10''O)

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto

Tipo

Entre bosques e montañas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba