PRERROMÁNICO NO RIBEIRO

Paseos
590

Localización

Parroquia: Ribadavia (San Domingos)

Lugar: Ribadavia

Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 24.8" N - 8º 08' 33.3" W

O Paseo

Prerrománico no Ribeiro
Valparaíso do Miño entre viñedos

Comezamos na vila de Ribadavia, capital da rexión vitivinícola do Ribeiro, de grande importancia histórica e monumental. Na zona vella atoparemos o castelo dos Sarmiento, restos das súas murallas e templos románicos como os de San Xoán e Santiago, entre outros edificios de interese.

Con este paseo imos descubrir o treito baixo do río Avia dende a ponte do Burgo ou de San Francisco, en Ribadavia, ata a súa desembocadura no río Miño. A partir de aquí, pola beira norte unha pista de terra lévanos entre o río e viñedos do Ribeiro ata chegar a Francelos, aldea na que se atopa a igrexa de San Xes, datada no século IX coas súas xanelas de celosía e capiteis prerrománicos, que nos serve de miradoiro do coñecido como Valparaíso, así chamado pola fertilidade das súas terras á beira do Miño.

Características

Lonxitude: 2,76 km (só ida)
Punto de Inicio:
Rúa Progreso / Ponte sobre o Avia (42°17'24.66''N / 8°08'34.77''O)
Punto de Fin:
Capela de San Xes de Francelos (42°16'36.16"N / 8°09'20.68"O)

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras

Tipo

Patrimonio oculto
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!