NA PROCURA DO CASTRO

Paseos
552
No Camiño de Santiago

Localización

Ourense

Baños de Molgas | Xunqueira de Ambía

Coordenadas:
42º 12' 15.9" N - 7º 44' 07.1" W

Camiños de Santiago

Vía da Prata

O Paseo

Na procura do castro 
Vereas castrexas entre carballos

Comezaremos este paseo no adro da antiga colexiata de Xunqueira de Ambía, xoia do románico galego, para seguir as pegadas dos peregrinos que percorren a Vía da Prata. Ao pouco de saír da vila colleremos unha pista á dereita que baixa ata preto do río Arnoia. Seguindo a súa marxe esquerda veremos arruinados algún muíño, e o son do río acompañaranos ata a aldea de Acea, no concello de Baños de Molgas.

Por entre bosques de carballos unha verea sobe ata o Outeiro do Castro, pasando ao pé dun castiñeiro senlleiro. A ruta remata na croa do castro, onde recentes escavacións descubriron varios hórreos do tempo dos moradores castrexos, caso único en Galicia, e unha vivenda. Dende aquí albiscamos a figura da colexiata e a contorna. O camiño ao castro tamén se pode facer tanto dende a aldea de Acea como dende a estrada que une Xunqueira de Ambía con Baños de Molgas, sendo neste caso un paseíño doado de apenas 700 m planos, polo que é ideal para facelo en familia.

Características

Lonxitude: 4,12 km (só ida)
Punto de Inicio:
Colexiata de Xunqueira de Ambía (42°12'15.47"N / 7°44'06.96''O)
Punto de Fin:
Cruce estrada OU-0108 (42°12'32.94''N / 7°43'19.18''O)

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto
Treitos de pendente forte

Tipo

Patrimonio oculto
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba