DO PARQUE DE GALERAS A SARELA DE ABAIXO

Paseos
1226
No Camiño de Santiago

Localización

Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 05.1" N - 8º 32' 58.3" W

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata

O Paseo

Do parque de Galeras a Sarela de Abaixo
De ponte a ponte polo río Sarela

Este paseo de case que 3 km de lonxitude forma parte dun sendeiro máis longo que circunvala a zona urbana de Compostela unindo varios espazos verdes da cidade. Comezamos no entorno do campo de Santa Isabel, ao pé do monte Pío, cruzando o parque de Galeras, seguindo o sinuoso curso do río Sarela, afluente do Sar. Chegamos ao Carme de Abaixo, coa súa capela barroca e unha ponte do século XVI que forma un precioso recuncho ao carón do río.

A partir de aquí imos deixando atrás a zona máis urbana para adentrarnos nos bosques de ribeira e leiras desta contorna rural da capital. Atravesaremos o río na Ponte Sarela, onde poderemos ver peregrinos camiño de Fisterra. A continuación bordearemos os muros centenarios do pazo de San Lourenzo de Trasouto. Pouco despois atoparemos unha pasarela de madeira que vai a carón do río, rematando o noso paseo na rúa do Bidueiro, xa no lugar de Sarela de Abaixo.

Características

Lonxitude: 2,48 km (só ida)
Punto de Inicio:
Parque de Galeras (42°53'05.33''N / 8°32'58.30''O)
Punto de Fin:
Rúa do Bidueiro, Sarela de Abaixo (42°52'25.73''N / 8°33'52.45''O)

Accesibilidade a ter en conta

Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Paseos urbanos
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba