DA PONTE VELLA A OUTARIZ

Paseos
944
No Camiño de Santiago

Localización

Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 46.0" N - 7º 52' 07.5" W

Camiños de Santiago

Vía da Prata

O Paseo

Da ponte Vella a Outariz
De ponte a ponte polo río Miño

O paseo termal do río Miño forma parte dun percorrido circular de case que 15 km. A ruta que propoñemos (pouco máis de 4 km) vai da ponte Vella, de orixe romana, pasando pola ponte do Milenio, inaugurada en 2001, ata a área termal de Outariz, seguindo en todo momento o curso do río pola beira dereita. Trátase dun itinerario perfectamente ciclable e apto para toda a familia. Ao longo do traxecto atoparemos outras zonas termais como A Chavasqueira, O Tinteiro ou o Muíño da Veiga, que dan mostra da riqueza en augas minero-medicinais que converten Ourense na capital termal de Galicia.

Características

Lonxitude: 4,7 km (só ida)
Punto de Inicio:
A Ponte Vella (42°20'46.06''N / 7°52'07.48''O)
Punto de Fin:
Área termal de Outariz (42°20'50.14''N / 7°55'04.37''O)

Tipo

Paseos urbanos
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba