SEIMEIRA DE VILAGOCENDE

Fervenzas
831
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Martín de Suarna (San Martín)

A Fonsagrada - Lugo

Coordenadas:
43º 05' 42.5" N - 7º 02' 45.0" W

Descrición

Dende A Fonsagrada  colleremos a estrada LU-721 en dirección ao val do río de Lamas. Antes de chegar ao lugar de Vilagocende atoparemos, no lado esquerdo, unha pequena zona de aparcadoiro onde poder deixar o coche para seguir o camiño que descende a man dereita. O percorrido ata a fervenza ten apenas 1 Km e discorre por unha contorna de bosque autóctono de ribeira, con carballos, bidueiros e ameneiros, que non anticipa a grata sorpresa que recibiremos ao chegar á espectacular  seimeira, nome co que se coñece ás fervenzas nesta zona. Unha vez no final do camiño, poderemos ver como se precipita ao río da Porteliña en todo o seu esplendor, formando este cadoiro de 54m de altura considerado un dos máis altos de Galicia en caída libre.

Unha vez aos pés da seimeira, unha pasarela de madeira permitirá que nos aproximemos un pouco máis. 

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba