POZO DA FERIDA

Fervenzas
438

Localización

Lugo

Viveiro | Xove

Coordenadas:
43º 37' 01.3" N - 7º 31' 53.1" W

Descrición

Para chegar a esta fervenza dende Viveiro collemos a estrada LU-540 en dirección á parroquia de Santo Estevo de Valcarría. Unha vez alí xa atopamos as primeiras sinalizacións cara o pozo da Ferida e, unha vez que a estrada remata, deixaremos o noso vehículo para seguir a pé por un camiño de terra.  

Despois de camiñar 600m  chegamos a este salto de auga que está no río Xudreiro, afluente do río Landro, e que cae dende unha altura de 20 metros formando unha enorme poza.. 


Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba