FERVENZA DA MISARELA

Fervenzas
299
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lesón (Santa Cruz)

A Pobra do Caramiñal - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 18.0" N - 8º 57' 30.2" W

Descrición

Para chegar a esta fervenza collemos a autovía AG-11 en Padrón, dirección á Pobra do Caramiñal ata a saída 31, para seguir pola estrada C-305 durante case 8 quilómetros ata que  atopamos un sinal cara á Ponte Barbanza. Seguimos esa indicación, atravesamos as aldeas das Romeiras e Santa Cruz, e continuamos ata chegar á zona habilitada para aparcar río Pedras. Deixamos aquí o noso vehículo e continuamos a pé.

A partir de aquí camiñaremos en paralelo ao río uns 1,2Km ata as pozas ou piscinas naturais do río Pedras para seguir despois 500m máis, pasar pola ponte medieval da Misarela e chegar á fervenza,  xa no río de San Xoán.



Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba