Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DO BÚBAL&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DO BÚBAL extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210616000403/fervenza-do-bubal?langId=gl_ES
Parroquia: San Salvador de Búbal (San Salvador)
Carballedo - Lugo
Esta fervenza atópase no río Búbal, que nace entre os concellos de San Cristovo de Cea e Vilamarín e desemboca no río Miño. Para chegar ao punto de inicio da ruta que nos levará ata ela tomamos a estrada LU-P-1001 que vai dende Os Peares ata A Barrela. A uns 2 quilómetros veremos unha pista de terra cunha sinalización que indica dirección a Carcacía e seguiremos por ela ata chegar a unha canteira abandonada. Xunto a ela pasa o río e, como non hai ningunha ponte, teremos que descalzarnos para poder cruzalo. Comezaremos o ascenso pola marxe esquerda, por un sendeiro bastante escondido pola vexetación e con bastante pendente, e no noso camiño iremos atopando pequenos saltos de auga.
Despois de superar un forte desnivel chegaremos á parte superior da fervenza de maior altura. Con moito coidado, polo perigoso e exposto do sitio, poderémonos asomar para ver como a auga abriu un pequeno canón entre as rochas e se precipita a través del dando lugar a unha poza na parte inferior. Se queremos sacar fotografías da fervenza coa súa poza teremos que descender pola ladeira do monte, pero trátase dunha baixada moi arriscada e técnica polo que, se non estades afeitos a este tipo de manobras, mellor non intentalo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.