FERVENZA DE SAN ESTEBAN

Fervenzas
354
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Freán (Santa Cecilia)

O Saviñao - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 13.8" N - 7º 40' 22.9" W

Descrición

A fervenza Santo Estevo atópase no rego de San Miguel, afluente do río Sil que nace cerca da aldea de Cortecadela. Na estrada que une Os Peares co encoro de Santo Estevo de Ribas de Sil, antes da ponte que cruza o río (LU-P-4103), poderemos observar a man dereita este salto de auga que cae formando unha gran poza. Se decidimos seguir a pé e cruzar a ponte por debaixo, poderemos ver outra fervenza. Aínda que non está sinalizada, o acceso non presenta dificultades.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba