FERVENZA DE CADARNOXO

Fervenzas
296
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cures (Santo André)

Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 42' 26.9" N - 8º 54' 02.1" W

Descrición

Para ir ata a fervenza de Cadarnoxo collemos a estrada DP-1105 que vai de Boiro a Noia e, á altura de Moimenta tomamos  o desvío  cara a EVA-10 (Estación de Vixiancia Aérea). Despois de aproximadamente 500 m atoparemos xa as indicacións cara a fervenza e poderemos chegar practicamente en coche ata ela porque está ao lado da estrada, polo que só teremos que camiñar uns poucos metros.

En Cadarnoxo pódese ver o río Graña, afluente do río Coroño,  caendo sobre rochas graníticas nun salto de aproximadamente 30m.


Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba