FERVENZA DO MUÍÑO DA SERRA OU DO PEREIRO

Fervenzas
349
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Boqueixón | Vedra

Coordenadas:
42º 47' 43.0" N - 8º 28' 55.4" W

Descrición

Dende Santiago de Compostela collemos a N-525 en dirección a Lestedo e, á altura do Km 13 tomamos o desvío cara ao lugar de Ramil e continuamos sempre á man esquerda en dirección á autoestrada AP-53. 

Atopar esta fervenza non é doado debido á falta de sinalización. Teremos que chegar ata un túnel que pasa baixo a vía do tren e aí aparcar para continuar a pé o noso descenso ata o río. 

No río Pereiro ou Saramo, afluente do río Ulla, esta fervenza salva un desnivel de aproximadamente 8 metros. A súa característica máis peculiar é que cae en forma de "X", o que a fai única. Xunto a ela podemos ver o que queda do muíño da Serra. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!