Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DO BARBANTIÑO&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DO BARBANTIÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210709000177/fervenza-do-barbantino?langId=gl_ES%26tp=40004330
Para visitar esta fervenza collemos a estrada N-541 que une as cidades de Pontevedra e Ourense en dirección a Maside. Alí desviarémonos cara ao lugar de Listanco para pasar xunto á igrexa de san Miguel de Armeses e continuar ata a aldea da Casanova.
A partir de aquí teremos que seguir a pé durante aproximadamente 1 Km ata atopar a sinalización da área recreativa e do salto de auga. Unha vez no río atoparemos unha ponte metálica que nos deixa xusto diante da fervenza, que cae desde 15 metros de altura dando lugar a unha gran piscina natural.
Tras cruzar a ponte, entramos nunha pequena área recreativa. Se subimos ata a marxe contraria chegaremos aos muiños das Penas e, xunto a eles, atoparemos unha pasarela que nos permite ver o salto de auga dende arriba.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.