POZO DE CASTRO RODICIO

Fervenzas
78

Localización

Parroquia: Cambás (San Pedro)

Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 07.8" N - 7º 59' 16.9" W

Descrición

Seguindo a ruta de sendeirismo SM04 do concello de Aranga. Pódese iniciar desde a estrada de Ponte Aranga á N-VI no punto onde se xuntan os ríos Cambás e Mandeo. Hai un sinal que indica ”Ponte Rodicio”. Ao chegar á confluencia entre o río Cambás e o Rego da Palanca, seguir río arriba pola beira esquerda uns 300 m.
Atópase no rego da Loba. O río, de pouco caudal por mor do encoro  cercano, salva un desnivel de máis ou menos 20 m en varios saltos e forma un pozo circular moi profundo.
O grado de dificultade para acceder ao pozo é elevado malia que a ruta está ben sinalizada. Non resulta apta para facer con nenos. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba