FERVENZA DO LOUSADO OU POZO DA AREA

Fervenzas
210
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Loeda (San Paio)

Piñor - Ourense

Coordenadas:
42º 30' 20.3" N - 8º 01' 13.5" W

Descrición

A fervenza de Lousado ou Pozo da Area atópase no río Arenteiro, que nace na Pena de Francia a 840 metros de altitude e percorre 33 quilómetros ata desembocar no río Avia. Para poder vela, collemos a estrada que vai de Ourense a Santiago e, xusto ao pasar a parroquia de san Paio de Loeda e antes de entrar na ponte que cruza o río Arenteiro, desviámonos á dereita cara a Lousado. A metade de camiño atopámonos un desvío cun indicador cara a Ponte Lousado e collémolo para baixar ata a antiga fábrica de papel. Uns 200 metros sendeiro arriba atopamos a fervenza, debaixo da presa, e unha ponte de pedra. Estamos nunha contorna máxica, acondicionada con pasarelas de madeira, e modificada pola presa que levaba a auga á antiga factoría e que pechou arredor de 1950. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!