Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DE ESCOURIDAL&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DE ESCOURIDAL extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210714000275/fervenza-de-escouridal?langId=gl_ES%26tp=40004330
Para chegar a esta fervenza collemos a autoestrada A-8 e saímos en Abadín para continuar despois polas estradas LU-P-0107 e LU-P-0101 que discorren pola serra do Xistral cara a parroquia de san Xurxo do Cadramón.
O comezo da ruta que leva á fervenza está sinalizado, e alí deixaremos o coche para camiñar durante 1,5 Km ata chegar a ela. Entre tobogáns, saltos e viravoltas o río Guilfonso debrúzase contra a rocha granítica dende unha altura duns 80 metros, separando os concellos de Alfoz e O Valadouro.
O acceso faise baixando por unhas escaleiras con varandas que facilitan un descenso seguro.
IMPORTANTE: se queremos apreciar a fervenza en todo o seu esplendor podemos axudarnos dunha corda que atoparemos amarrada na rocha e que nos axudará a ascender ata o pé da mesma. Esta aproximación debemos facela con moitísima precaución, xa que as laxes son superficies moi esvaradías.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.