SEIMEIRA DA PENA DOS PORTELOS

Fervenzas
477

Localización

Parroquia: San Xurxo de Piquín (San Xurxo)

Ribeira de Piquín - Lugo

Coordenadas:
43º 12' 57.0" N - 7º 13' 26.8" W

Descrición

Para acceder a esta fervenza iniciamos a nosa andaina no lugar de San Xurxo, no concello de Ribeira de Piquín, seguindo as indicacións que nos levarán ata o salto de auga. 

O percorrido é de aproximadamente 3 km e transcorre, no seu inicio, por unha pista forestal cunha pendente considerable que se vai estreitando pouco a pouco segundo nos imos achegando ao noso destino. No último treito, unha varanda de madeira axudaranos a acceder ao pé da fervenza para desfrutar dela e da súa contorna. 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba