POZO DA ONZA

Fervenzas
366

Localización

Parroquia: Budián (Santa Eulalia)

O Valadouro - Lugo

Coordenadas:
43º 34' 13.5" N - 7º 26' 31.2" W

Descrición

Para chegar a esta fervenza partimos do Valadouro, onde collemos a estrada LU-162 que leva a Burela. Antes de chegar á parroquia de Santa Eulalia de Budián atoparemos a sinalización cara ao pozo da Onza, e seguiremos as indicacións ata chegar ao lugar de San Cristovo. A partir de aquí seguiremos a pé, durante uns 500 m, por un sendeiro que nos levará directos ao salto de auga, que cae entre cuarcitas dende máis de 20 m de altura. 

O pozo da Onza está no rego do Val dos Infernos, afluente do río Ouro que nace nos montes dos Cabaleiros, moi próximo á serra do Xistral

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba