FERVENZA DO RÍO GORGUA

Fervenzas
279

Localización

Parroquia: Crespos (San Xoán)

Lugar: Freáns

Padrenda - Ourense

Coordenadas:
42º 07' 17.2" N - 8º 08' 46.8" W

Descrición

Na área recreativa de Freáns, no concello de Padrenda, comeza a ruta que nos levará ata esta corga, nome co que se coñecen as fervenzas nesta zona. Coincide nun treito coa coñecida como ruta dos muíños que discorre en paralelo ao río Gorgua (afluente do Deva que á súa vez desemboca no Miño) entre loureiros, carballos, ameneiros e fentos. Camiñaremos durante aproximadamente 1 Km río arriba para chegar á unión co rego da Corga da Veiga, A partir de aquí podemos continuar a subida ata a aldea de Gorgua, onde finaliza a ruta sinalizada. Ao longo do percorrido atoparemos pontes, muíños e pequenos saltos de auga.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba