FERVENZA DE REBOREDA OU DA FREIXA

Fervenzas
103
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Reboreda (Santa María)

Redondela - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 55.1" N - 8º 36' 06.6" W

Descrición

Na saída da estrada de Redondela a Pazos de Borbén sae un camiño asfaltado que baixa á dereita, debaixo do viaduto do AVE. Para ir á fervenza hai que pasar polas leiras da marxe dereita ou cruzar a ponte e seguir o carreiro pola beira do río. O acceso non ofrece dificultade e a ruta está ben sinalizada. É apta para facer con nenos. Tamén recibe o nome de fervenza de Santo Paio, tomando o nome da parroquia na que se ubica. Antes de entrar en Redondela, o río Alvedosa atravesa a parroquia de Reboreda, onde se localizan varios  muíños hoxe adicados a negocios de hostalería. Xusto debaixo do Muíño Vello atópase este salto de case 10 metros de altura que salva un gran penedo e forma unha poza.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!