FERVENZA DO TOXA

Fervenzas
417
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pazos (San Martiño)

Silleda - Pontevedra

Coordenadas:
42º 45' 24.4" N - 8º 16' 19.9" W

Descrición

Esta ruta levarános ao pé mesmo da fervenza pero é recomendable desviarse uns metros para visitar primeiro os miradoiros do Toxa que, construidos sobre enormes rochas, son un lugar de excepción dende o que contemplar o salto de auga e a confluencia dos ríos Toxa e Deza.
Despois de gozar das vistas, encamiñaremos os nosos pasos cara ao corazón do cadoiro descendendo entre castiñeiros, carballos, sobreiras ou loureiros na parte media alta do camiño e, xa nas ribeiras do río, entre salgueiros, amieiros ou freixos. Unha vez chegados ao noso destino, entre un sobrecolledor estrondo e unha intensa brétema, consecuencia ambas as dúas da forza da auga, admiraremos sobre as nosas cabezas esta ruxidoira que, cos seus 30 metros de caída vertical, é unha das máis altas de Galicia. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba