Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DOS CASARIÑOS&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DOS CASARIÑOS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210819000426/fervenza-dos-casarinos?langId=gl_ES%26tp=40004330
Para chegar a esta fervenza podemos partir dende Ponte Caldelas pola estada PO-255 en dirección a Verducido e aí coller a PO-9303 cara ao lugar da Eiroa. Outra opción é saír de Fornelos de Montes por esa mesma estrada PO-9303 que sube á serra do Suído. Por calquera das dúas rutas chegaremos ata a Área recreativa da Airoa, onde deixaremos o coche para continuar a pé.
Nese punto atoparemos un panel informativo coa ruta a seguir, polo que non ten perda. En primeiro lugar camiñaremos uns metros ata o cumio do monte, onde atoparemos un banco dende o que poder observar a fervenza de lonxe en todo o seu esplendor. Dende aí descendemos ata o pé da primeira das fervenzas para continuar despois uns metros e ascender ata a segunda. O percorrido non ten dificultade, pero hai que ter coidado de non esvarar, sobre todo en época de chuvias.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.