FERVENZA DE BERMUI

Fervenzas
167

Localización

Parroquia: Bermui (Santiago)

As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 23' 56.3" N - 7º 53' 34.8" W

Descrición

Na estrada que vai das Pontes de García Rodríguez a Ferrol seguiremos as indicacións cara a Ribadeume, Bermui, Campoverde e finalmente Cabo da Igrexa. Logo de pasar o cemiterio, a uns 200 m deixaremos o coche para comezar a baixada polo camiño da esquerda. O acceso non está sinalizado. Tamén é coñecida como fervenza das Painceiras. O río Bermui ou das Foxas desemboca encaixadamente no Eume e, no último tramo, salva un gran desnivel formando dous saltos, de 10 e 12 m de altura (esta segunda fervenza é de moi difícil acceso e só se pode ver desde o alto). 
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba