FERVENZA DE CASTRIZ

Fervenzas
596
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Xallas de Castriz (San Pedro)

Santa Comba - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 34.9" N - 8º 46' 04.6" W

Descrición

Para chegar a este salto de auga dende Santa Comba collemos a estrada DP-2904 en dirección ao lugar de Castriz. Despois de percorrer  8 quilómetros veremos, na marxe dereita da estrada e xunto a un cruceiro, o indicador cara a fervenza de Castriz. 

Continuaremos durante algo máis dun quilómetro para chegar ata unha área de lecer acondicionada con mesas, bancos e grellas, e rodeada de ameneiros, bidueiros, carballos e loureiros. Xunto a ela, unha pasarela de madeira que nos facilitará o paseo, cinco muíños  rehabilitados e a fervenza, que se atopa no río Mira, afluente do río Xallas, e cae dende uns 8 metros de altura en varios saltos.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba