Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: MANUELA VILLAR OTERO&body=Recoméndoche que leas a información MANUELA VILLAR OTERO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210902000051/manuela-villar-otero?ctre=130%26langId=gl_ES%26tp=68
Parroquia: Corzón (San Cristovo)
Lugar: Zanfoga
15258 Mazaricos - A Coruña
Trátase dun pequeno complexo novo a estrear (2022) composto por 3 apartamentos turísticos con moitísimo encanto e rodeados de amplos xardíns e unha fantástica contorna. Están a escasos 5 min. do Camiño de Santiago que vai cara Fisterra.
Á beira dunha preciosa casa labrega galega totalmente restaurada, habilitáronse 3 apartamentos luxosamente decorados e amoblados que contan con 2 dormitorios, cociña, salón, cuarto de baño e un soportal cuberto enfronte a cada un. Os apartamentos son moi luminosos e están rodeados de servizos como ceador, grellada, zona de xogos e esparexementos, aparcamento privado pechado e lavandería que permitirán aos seus visitantes relaxarse nunha contorna sumamente tranquila ou visitar comodamente a Costa da Morte e as súas praias, pobos pesqueiros ou demais atractivos turísticos que son innumerables a escasa distancia.
Cada apartamento está equipado cunha cómoda cociña aberta e todos as súas utensilios, un salón con TV, internet gratuíto, cuarto de baño privado con ducha, un dormitorio de matrimonio e outro con camas xemelgas.
A entrada autónoma permite total liberdade aos seus ocupantes e o trato persoal dos propietarios, garantirá unha inmellorable experiencia aos visitantes.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.