FERVENZA DE DONAS

Fervenzas
385
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Donas (San Pedro)

Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 32.0" N - 8º 23' 00.9" W

Descrición

Na estrada de Boqueixón a Ponte Ulla, en Ardesende tomaremos o desvío en dirección a Ponte Ledesma e Donas. Pasado o lugar de Engas seguiremos as indicacións cara á Fervenza de Donas e Ponte Ulla e, despois duns 500m máis adiante deixaremos o coche para baixar a pé ata o río para cruzalo e seguir río arriba pola outra marxe ata a fervenza. O acceso é doado e está sinalizado, polo que é apta para facer con nenos. O salto de auga está no río Pontillón, afluente do Ulla, e cae dende uns 10 metros de altura en dous saltos.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba