FERVENZAS DE FERVENCEDO

Fervenzas
253

Localización

Parroquia: San Vicente de Fervenzas (San Vicente)

Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 16.1" N - 8º 06' 16.4" W

Descrición

No concello de Aranga, pola estrada que vai cara A Igrexa-Mende-Fervencedo, antes de chegar a esta última poboación (Fervencedo) colleremos o camiño que baixa ao río para cruzalo e seguir o curso do mesmo. O acceso non ofrece moita dificultade se queremos ver os saltos de auga dende o camiño principal, pero se queremos subir pegados ao río a dificultade aumenta. A ruta non está sinalizada. O río das Fervenzas ou Bexo é un afluente do Mandeo que nesta zona baixa moi encaixado, dando orixe a varios saltos de máis de 5 m.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba