FERVENZA DA CEÑA

Fervenzas
320

Localización

Parroquia: Liñares (Santa María)

As Neves - Pontevedra

Coordenadas:
42º 05' 02.3" N - 8º 26' 51.1" W

Descrición

Atoparemos esta fervenza na parroquia de Liñares, no concello das Neves.  Para chegar ata a fervenza hai que pasar por baixo da ponte de acceso á área recreativa de Santa Mariña e continuar a estrada ata a curva onde está o cemiterio. Desde aí seguiremos a pista de terra que vai á beira do aparcamento e paralelo á vía do tren, e descenderemos, máis ou menos 1 quilómetro, ata pasar por outra ponte debaixo da vía. Continuando un pouco máis polo carreiro atoparemos a fervenza. O acceso non está sinalizado. Trátase dunha pequena fervenza de aproximadamente 5 metros, no tramo final do río Xuliana, afluente do Miño.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba