FERVENZA DA LAXE DO AVÓ

Fervenzas
395

Localización

Parroquia: Arbo (Santa María)

Lugar: A Rocha

Arbo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 44.2" N - 8º 19' 59.9" W

Descrición

No lugar da Rocha, no concello de Arbo, despois de pasar uns regueiros collemos o primeiro desvío asfaltado á esquerda, ata chegar ao pé do sinal que indica o lugar. Para subir á fervenza hai que tomar  unha pista de terra que sube ao monte. A aproximadamente 1,5 km atoparemos este salto de auga.  O acceso está sinalizado. Esta freixa atópase no rego do Enxeño, afluente do río Tea. Cae desde 25 metros de altura.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba