FERVENZA DO INFERNIÑO

Fervenzas
305

Localización

Parroquia: Novefontes (Santiago)

Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 57.6" N - 8º 17' 36.9" W

Descrición

Facendo a ruta de sendeirismo PRG-93 Ribeira do Ulla, desde Ponte Basebe ou San Pedro da Ribeira pódese acceder a esta fervenza. Tamén se pode chegar co coche por unha pista que baixa por diante da igrexa de Novefontes ata a conexión coa ruta de sendeirismo, indicada cun cartel. O acceso está sinalizado. A caída atópase nun pequeno rego afluente do Ulla,  o rego dos Fungos, que aquí salva un forte desnivel, cunha caída aproximada de 5 m.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba