FERVENZA DO RÍO TELLA

Fervenzas
246
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Oza (Santa Baia)

Teo - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 59.3" N - 8º 32' 37.9" W

Descrición

Dende a parte posterior da Urbanización Os Verxeles, no concello de Teo, tomaremos a pista asfaltada que baixa a unha ponte de madeira, atravesarémola e seguiremos un pequeno sendeiro que vai paralelo ao río ata o lugar onde está a fervenza. O acceso non está sinalizado. Trátase dunha pequena caída no río Tella ao seu paso polos Verxeles, entre dous muíños da aldea da Hermida e preto da confluencia co rego da Auga (tamén chamado rego de Portoameneiro ou da Ribeira).

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba