FERVENZA DO REGO DA ALBARDAIRA

Fervenzas
434

Localización

Parroquia: Folgoso do Courel (Santa María)

Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 46.7" N - 7º 11' 47.5" W

Descrición

O rego da Albardaira é un afluente do río Lor e presenta fortes variacións no seu caudal, chegando incluso a secarse cando os veráns son moi calurosos.

Para chegar a esta fervenza collemos a LU-651 que une Folgoso e Seoane do Courel e, na propia estrada, veremos unha sinalización que indica a dirección a seguir. Nese punto deixaremos o coche e camiñaremos uns 100 metros por un estreito camiño para chegar á súa base.


Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba